Miranda reúnese coa Asociación Cultural “As Xeitosiñas” de Zürich, membro da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas

  • Antonio Rodríguez Miranda e José Gil, na reunión celebrada en Zürich
    Antonio Rodríguez Miranda e José Gil, na reunión celebrada en Zürich
  • Antonio Rodríguez Miranda e José Gil, na reunión celebrada en Zürich
    Antonio Rodríguez Miranda e José Gil, na reunión celebrada en Zürich
Listen to this page using ReadSpeaker
Zürich (Suíza), 14 de novembro de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo en Zürich unha reunión co presidente da Asociación Cultural “As Xeitosiñas”, José Gil, membro da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas.

Durante esta reunión o secretario xeral da Emigración coñeceu a situación da colectividade galega en Suíza así como dos centros galegos situados no país helvético, e a recuperación das distintas actividades que se están a realizar nestas entidades para a promoción da cultura galega. En especial, dende As Xeitosiñas, como Centro Promotor do Camiño de Santiago, trasladouse o enorme interese que entre as e os galegos residentes en Suíza e entre os propios suízos e suízas despertou o Ano Santo Xacobeo.

267 lecturas