Novas
Buscador
- A Xunta leva a Mar del Plata a mensaxe do Camiño de Santiago como símbolo de identidade europea e de unión cultural 30.12.2025 audio O delegado da Xunta de Galicia en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, xunto coa vicecónsul de España en General Pueyrredón, Claudia Álvarez Argüelles, participou este luns na inauguración da exposición "Camino de Santiago", primeiro itinerario cultural europeo, que se pode visitar na galería de exposiciones do Hotel Costa Galana de Mar del Plata... Máis información
- Miranda: “O Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo, que en 2026 celebrará o seu 125 aniversario, é unha referencia da galeguidade en Euskadi” 29.12.2025 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión de traballo co presidente do Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo, Urbano Alba, na que destacou o papel desta entidade como un dos principais espazos de cohesión social e preservación da identidade galega no País Vasco. Durante o encontro, Miranda puxo en valor a... Máis información
- Titulo especial (28D - DÍA DOS SANTOS INOCENTES): Non tes que ter un vínculo xeográfico con Galicia para ser galego? 28.12.2025 audio Sabes que xa non tes que ter un vínculo xeográfico con Galicia para ser galego? O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, dá todas as chaves sobre este novo título da Xunta, que dá acceso a numerosas vantaxes. Solicita o teu! Envíanos a túa pregunta para o secretario xeral a sxecontigo@xunta.gal Máis información
- A Xunta declara Ben de Interese Cultural a música e o baile tradicionais galegos, un patrimonio vivo tamén no exterior 26.12.2025 audio Un recoñecemento que tamén pon en valor o papel das colectividades galegas no exterior na preservación da música e do baile tradicional, así como o apoio da Secretaría Xeral da Emigración á preservación da cultura tradicional na diáspora. A declaración como BIC non só mira ao pasado, senón que abre unha oportunidade de futuro para recoñecer o... Máis información
- Felicitación do Nadal do conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González Vázquez 25.12.2025 audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González Vázquez, desexa a través dun vídeo as mellores festas de Nadal e Aninovo a todas e todos os galegos e galegas do exterior. Unha mensaxe de afecto, recoñecemento e esperanza nestas datas tan sinaladas. Un momento para estar coa familia, lembrar o camiño percorrido con orgullo e mirar... Máis información
- O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, felicita o Nadal ás galegas e galegos do exterior 24.12.2025 audio O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, felicita o Nadal a todas as galegas e galegos do mundo e deséxalles unhas festas cheas de paz, felicidade e un 2026 con saúde e boas novas. Nestes días tan especiais, moitos regresades a Galicia para reencontrarvos coa vosa terra e coa familia; outros vivides estas datas nos vosos países de... Máis información
- Galicia e Uruguai reforzan a cooperación institucional e o apoio á colectividade galega 23.12.2025 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro de traballo co cónsul xeral do Uruguai en Galicia, Ramiro Rodríguez Bausero, no que analizaron a situación actual da colectividade galega no Uruguai e as principais liñas de colaboración entre ambas administracións, especialmente no ámbito do retorno e do apoio ás... Máis información
- Felicitación do Nadal da Secretaría Xeral da Emigración 22.12.2025 audio O persoal da Secretaría Xeral da Emigración, co secretario xeral á fronte, Antonio Rodríguez Miranda, desexa a través dun vídeo as mellores festas de Nadal e Aninovo a todas e todos os galegos e galegas. Que este 2026 veña cargado de boas noticias e moita saúde. Felices festas e un próspero Aninovo! Máis información
- Miranda destaca nos Premios Rebulir o papel dos Centros Galegos de Euskadi como exemplo de compromiso coa cultura galega 20.12.2025 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado polo director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou esta tarde no acto de entrega dos XIV Premios Rebulir da Cultura Galega, no que outorgou a Mención Honorífica Rogelio García Yáñez á emigración galega en... Máis información
- Miranda e o director do Centro Dramático Galego avanzan novas vías para levar o teatro galego ao exterior 19.12.2025 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro de traballo co director do Centro Dramático Galego, Fran Núñez, no que analizaron novas liñas de colaboración para seguir achegando as artes escénicas producidas en Galicia aos galegos e galegas residentes no exterior. Esta reunión enmárcase nunha relación de... Máis información
Páxinas |









