Novas
Buscador
- A Xunta acadará os 2.000 mozos e mozas retornados coas BEME a través dunha nova convocatoria na que prioriza a inserción laboral e urxe a homologación de títulos 09.12.2025 audio O Consello do Goberno galego aprobou a 10ª edición das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME), con 2,55 M€ para que 250 galegos e galegas do exterior poidan estudar case cen mestrados nas universidades públicas galegas no 2026/2027. Englobada na Estratexia Galicia Retorna, esta acción é chave no plan de captación de talento pola alta... Máis información
- A Xunta convoca unha nova edición do Programa Retorna Talento FP na que aposta pola modalidade dual e reforza os beneficios para o alumnado 09.12.2025 audio Convocaranse 120 novas prazas para cursar ata seis ciclos distintos de grao medio e superior na modalidade de FP Dual Intensiva. Tamén, por primeira vez, poderán cursar a titulación de alta especialización de Automoción en Vehículos de competición, exclusiva de Galicia. Farano con bolsas de 15.000 €, un 25 % máis, coas que poderán cubrir gastos de... Máis información
- Miranda destaca en Arxentina o impacto crecente dos apoios da Xunta no país, con máis de 4.000 galegos beneficiarios e un orzamento de máis de 3 millóns de euros 07.12.2025 audio En concreto, as axudas ao retorno en Arxentina acadan en 2025 as súas cifras máis altas, superando os 1,5 millóns de euros entre axudas extraordinarias aos retornados, emprendedores e estudantes BEME. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou hoxe en Bos Aires o impacto crecente dos programas da Xunta en Arxentina, que... Máis información
- O delegado da Xunta salienta o crecemento da actividade da Delegación, cun labor cada vez máis próximo ás entidades e coa Feira de Emprego como exemplo, que permitiu chegar a máis de 3.000 persoas 06.12.2025 audio Miranda no encontro cos presidentes das entidades galegas en Arxentina: “Asumimos o compromiso de traballar moi preto da xente co compromiso de chegar ás novas xeracións como nos concertos enmarcados nos actos da Hispanidade”. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado polo delegado da Xunta en Arxentina, Alejandro... Máis información
- Miranda: “Estes diplomas reflexan o orgullo e a emoción dunha Arxentina que segue a sentir a Galicia como a súa casa” 05.12.2025 audio Mirada lembrou que cada persoa que participa nos programas da Secretaría Xeral da Emigración “regresa máis conectada coa súa historia, coa súa cultura e co seu lugar no mundo como parte da Galicia global”. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado polo delegado da Xunta en Arxentina, Alejandro López Dobarro,... Máis información
- Miranda: “As axudas ao retorno medran en 2025 en Uruguai, reflexo do compromiso da Xunta coas familias galegas do país” 03.12.2025 audio As axudas ao retorno en Uruguai acadan en 2025 as súas cifras máis altas, superando os 540.000 euros entre axudas extraordinarias aos retornados, emprendedores e estudantes BEME. En total, o que se destina ao país en termos de atención ás persoas galegas no Uruguai supera o millón de euros. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez... Máis información
- Rueda pon en valor os 400 galegos do exterior que puideron regresar a Galicia grazas ao programa Retorna Cualifica Emprego 02.12.2025 audio O presidente da Xunta mantivo un encontro en Betanzos con traballadores beneficiados por esta iniciativa no grupo Gadisa. Destaca que se trata dunha iniciativa, pola que xa se interesaron outras comunidades, que permite aos retornados “mellorar as súas oportunidades” e “garante a súa integración”. Salienta a importancia da colaboración público-... Máis información
- Miranda destaca en Montevideo o traballo cultural do Centro Valle Miñor na conservación das tradicións galegas 02.12.2025 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu en Montevideo xunto á delegada da Xunta en Uruguay, Elvira Domínguez, á mostra cultural de fin de ano organizada polo Centro Valle Miñor, onde salientou o esforzo desta entidade por manter viva a tradición musical e artística galega en Uruguai, especialmente a través do traballo... Máis información
- A Xunta reclama en Madrid máis coordinación e recursos do Estado para mellorar a atención á cidadanía española no exterior 01.12.2025 audio O delegado da Xunta destacou que Galicia é hoxe referente en políticas de retorno e pediu unha política de Estado estable para a diáspora. Sinalou que a colaboración entre administracións é clave en ámbitos como nacionalidade, saúde, emerxencias e preservación do patrimonio da emigración. O delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro López Dobarro... Máis información
- Miranda: “Estes diplomas simbolizan a unión entre quen mantén viva Galicia no exterior e quen hoxe continúa o seu legado” 01.12.2025 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e a delegada da Xunta en Uruguai, Elvira Domínguez, participaron en Montevideo no acto de entrega das compostelas e diplomas dos programas Reencontros con Galicia, Conecta co Voluntariado e Conecta con Galicia no Camiño. Nesta edición, máis de 50 galegos e galegas participaron nestes... Máis información
Páxinas |









