Miranda e o director do Centro Dramático Galego avanzan novas vías para levar o teatro galego ao exterior

Miranda e o director do Centro Dramático Galego avanzan novas vías para levar o teatro galego ao exterior.
Miranda e o director do Centro Dramático Galego avanzan novas vías para levar o teatro galego ao exterior.
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 19 de decembro de 2025.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro de traballo co director do Centro Dramático Galego, Fran Núñez, no que analizaron novas liñas de colaboración para seguir achegando as artes escénicas producidas en Galicia aos galegos e galegas residentes no exterior. Esta reunión enmárcase nunha relación de cooperación estable entre ambas institucións, que nos últimos anos permitiu impulsar distintas iniciativas culturais dirixidas á colectividade galega fóra da Comunidade.

Durante a xuntanza, ambos responsables puxeron en valor o papel do teatro como ferramenta de difusión da lingua, da identidade e da cultura galega, e abordaron fórmulas para reforzar a presenza do traballo do CDG nos centros e entidades galegas de América e Europa, tanto a través de accións presenciais como de novos formatos adaptados aos distintos públicos da diáspora. Miranda destacou que “a cultura é un dos piares fundamentais para manter vivo o vínculo con Galicia”.

275 lecturas