Miranda destaca nos Premios Rebulir o papel dos Centros Galegos de Euskadi como exemplo de compromiso coa cultura galega

  • Miranda destaca nos Premios Rebulir o papel dos Centros Galegos de Euskadi como exemplo de compromiso coa cultura galega.
    Miranda destaca nos Premios Rebulir o papel dos Centros Galegos de Euskadi como exemplo de compromiso coa cultura galega.

Listen to this page using ReadSpeaker
Ourense, 20 de decembro de 2025.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado polo director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou esta tarde no acto de entrega dos XIV Premios Rebulir da Cultura Galega, no que outorgou a Mención Honorífica Rogelio García Yáñez á emigración galega en Euskadi, que foi recollida por Mónica Calvo, presidenta da Irmandade de Centros Galegos en Euskadi e do Centro Gallego de Álava.

Miranda destacou a significativa contribución da comunidade galega no País Vasco ao longo das últimas décadas e puxo de manifesto que este Premio Rebulir non só recoñece o esforzo e sacrificio da emigración galega, senón tamén o seu labor de difusión e posta en valor da cultura galega fóra de Galicia. A Irmandade de Centros Galegos en Euskadi aglutina unha decena de entidades galegas nunha comunidade autónoma na que viven preto de 42.000 persoas nacidas en Galicia.

280 lecturas