A Xunta leva a Mar del Plata a mensaxe do Camiño de Santiago como símbolo de identidade europea e de unión cultural
O delegado da Xunta de Galicia en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, xunto coa vicecónsul de España en General Pueyrredón, Claudia Álvarez Argüelles, participou este luns na inauguración da exposición "Camino de Santiago", primeiro itinerario cultural europeo, que se pode visitar na galería de exposiciones do Hotel Costa Galana de Mar del Plata. A mostra, ofrece un percorrido visual polos territorios europeos que forman parte da Federación Europea do Camiño de Santiago, poñendo en valor o seu patrimonio cultural, paisaxístico e humano.
Durante o acto, López Dobarro salientou o Camiño de Santiago como “un dos piares máis sólidos da identidade europea e un símbolo universal de encontro, cultura e espiritualidade”, destacando tamén o papel de Galicia como destino final desta peregrinación milenaria.
A exposición poderá visitarse ata o 31 de xaneiro de 2026.
Novas relacionadas





