Miranda: “O Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo, que en 2026 celebrará o seu 125 aniversario, é unha referencia da galeguidade en Euskadi”

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 29 de decembro de 2025.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión de traballo co presidente do Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo, Urbano Alba, na que destacou o papel desta entidade como un dos principais espazos de cohesión social e preservación da identidade galega no País Vasco.

Durante o encontro, Miranda puxo en valor a longa traxectoria do Centro Galego de Bizkaia, que no ano 2026 conmemorará o seu 125 aniversario, subliñando o seu papel continuado na defensa da cultura, das tradicións e da galeguidade fóra de Galicia. O secretario xeral reiterou tamén o compromiso da Xunta de Galicia de seguir colaborando coa entidade no impulso de iniciativas culturais, sociais e participativas que manteñan vivo o vínculo da colectividade galega en Euskadi coa súa terra de orixe.

542 lecturas