Galicia e Uruguai reforzan a cooperación institucional e o apoio á colectividade galega

Galicia e Uruguai reforzan a cooperación institucional e o apoio á colectividade galega.
Galicia e Uruguai reforzan a cooperación institucional e o apoio á colectividade galega.
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 23 de decembro de 2025.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro de traballo co cónsul xeral do Uruguai en Galicia, Ramiro Rodríguez Bausero, no que analizaron a situación actual da colectividade galega no Uruguai e as principais liñas de colaboración entre ambas administracións, especialmente no ámbito do retorno e do apoio ás entidades galegas no país.

Durante a reunión, puxéronse en común iniciativas destinadas a seguir mellorando a atención e a calidade de vida dos galegos e das galegas residentes no Uruguai, así como a fortalecer o labor das entidades que actúan como referente social e cultural da colectividade. O encontro serviu tamén para consolidar a cooperación institucional entre Galicia e Uruguai, afondando nos vínculos históricos e humanos que unen ambos territorios.

Miranda subliñou a importancia de manter este diálogo fluído e periódico, que permite adaptar as políticas públicas ás necesidades reais da diáspora galega e avanzar nunha relación baseada na colaboración, a proximidade e o compromiso compartido coas comunidades galegas no exterior.
 

372 lecturas