A Xunta reafirma en Vigo o seu apoio aos galegos retornados de Venezuela e tamén aos venezolanos que están escollendo Galicia como lugar de calidade para vivir
O secretario xeral da Emigración aproveitou para trasladar desde Galicia unha felicitación con agarimo, nestes tempos de Nadal aos nosos galegos que están en Venezuela.
A Xunta reafirma en Vigo o seu apoio aos galegos retornados de Venezuela e tamén aos venezolanos que están escollendo Galicia como lugar de calidade para vivir
A Xunta reafirma en Vigo o seu apoio aos galegos retornados de Venezuela e tamén aos venezolanos que están escollendo Galicia como lugar de calidade para vivir
A Xunta reafirma en Vigo o seu apoio aos galegos retornados de Venezuela e tamén aos venezolanos que están escollendo Galicia como lugar de calidade para vivir
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo onte un encontro coa "Asociación Amigos de Venezuela Vigo" no que a Xunta de Galicia reafirmou o seu compromiso de apoio ás persoas galegas que retornaron desde Venezuela, así como aos cidadáns venezolanos que están escollendo Galicia como lugar para desenvolver o seu proxecto vital, atraídos pola calidade de vida, a estabilidade social e as oportunidades que ofrece a comunidade.
Durante a reunión, Miranda destacou que Galicia se converteu nos últimos anos nun territorio de acollida para moitas familias procedentes de Venezuela, tanto galegos retornados como cidadáns venezolanos que atopan na comunidade un entorno seguro, integrador e con servizos públicos de calidade.
Ó longo do 2.024 máis de 600 galegos retornaron a Galicia desde Venezuela, poñendo de manifesto a importancia de manter e reforzar os programas de acompañamento ao retorno impulsados pola Xunta, especialmente para facilitar a integración social, laboral e administrativa das familias que regresan. Neste sentido, lembrou que, segundo os últimos datos poboacionais publicados polo INE, na cidade de Vigo residen actualmente máis de 9.000 persoas de nacionalidade venezolana, unha cifra que case se duplicou respecto a 2021.
O secretario xeral salientou tamén que os venezolanos constitúen hoxe a comunidade estranxeira máis numerosa en Galicia, superando os 22.000 residentes segundo os últimos datos, o que pon de manifesto a intensidade deste fluxo migratorio e a necesidade de seguir reforzando políticas públicas de acollida, integración e acompañamento.
Miranda lembrou que a Xunta, a través da Secretaría Xeral da Emigración, pon á disposición destas persoas unha rede de atención integral que inclúe asesoramento administrativo, apoio social, programas de retorno e medidas de acompañamento para facilitar a súa adaptación á vida en Galicia, en coordinación con outras consellerías e co tecido asociativo.
Así mesmo, fixo referencia á difícil situación que atravesa Venezuela e trasladou a solidariedade do Goberno galego co pobo venezolano e, de maneira especial, cos galegos e galegas que aínda residen no país. Neste contexto, aproveitou o encontro para enviar desde Galicia unha mensaxe de afecto e esperanza nestas datas de Nadal, desexándolles forza e ánimo a todas as familias que continúan vivindo alí.
O secretario xeral puxo en valor o papel da "Asociación Amigos de Venezuela Vigo" como espazo de encontro, apoio e acompañamento para a colectividade, contribuíndo a manter vivos os lazos culturais, sociais e humanos entre Galicia e Venezuela e facilitando a integración das persoas que chegan á comunidade.
Finalmente, Miranda reafirmou o compromiso da Xunta de Galicia de seguir traballando para que Galicia continúe sendo unha terra de retorno, de acollida e de oportunidades, baseada nos valores da solidariedade, a convivencia e o respecto, e de manter unha atención especial ás persoas afectadas pola situación venezolana, tanto no exterior como na propia Galicia.
Novas relacionadas



