Miranda destaca na visita á oficina itinerante da Federación Venezolana de Galicia a importancia da comunidade de galegos retornados de Venezuela e a necesidade de fortalecer os lazos culturais
- Miranda destaca na visita a oficina itinerante da Federación Venezolana de Galicia a importancia da comunidade de galegos retornados de Venezuela e a necesidade de fortalecer os lazos culturais

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou durante a visita á oficina itinerante da Federación Venezolana de Galicia (FEVEGA), a importancia da comunidade de galegos retornados de Venezuela en Galicia. O encontro tivo lugar na Feira da Chinita, nun acto que reúne a persoas procedentes do país sudamericano residentes en toda Galicia. “Esta celebración non só consolida a Ourense como punto de encontro para os venezolanos en Galicia, senón que tamén fortalece os lazos culturais entre ambos lugares”, asegurou Miranda.
O secretario xeral da Emigración sinalou que a Feira da Chinita é un espazo de encontro onde as diferenzas convértense en oportunidades para aprender e crecer xuntos. “A medida que participamos nesta celebración, reafirmamos o noso compromiso con esta comunidade. A Feira da Chinita preséntase como unha oportunidade única para que a comunidade venezolana en Galicia comparta a súa rica cultura e tradicións, fortalecendo os lazos comunitarios e fomentando a integración na sociedade galega”.
Novas relacionadas