A Xunta destaca o labor de acompañamento e apoio desenvolvido pola Oficina de retorno coa atención a máis de 1.500 familias na área de Vigo no 2025

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración visitou a sede de Vigo da Oficina integral de retorno dentro das actividades da Semana da Administración Aberta.

González expón que esta atención contribúe a froitos na área viguesa como as preto de 120 achegas extraordinarias ao retorno concedidas ou os máis de 20 proxectos de autoemprego apoiados no 2025 a persoas retornadas.

Ademais da sede de Vigo, esta oficina conta con outras na Coruña, Santiago Lugo e Ourense nas que en total o ano pasado se atenderon máis de 8.000 familias.

Expuxo que este labor se enmarca na Estratexia Galicia Retorna, folla de ruta que desde o seu inicio no 2018 ata o 2024 contribuíu ao regreso a Galicia preto de 50.000 galegos e á suma de máis de 140.000 habitantes polo saldo migratorio positivo.

  • A Xunta destaca o labor de acompañamento e apoio desenvolvido pola Oficina de retorno coa atención a máis de 1.500 familias na área de Vigo no 2025
    A Xunta destaca o labor de acompañamento e apoio desenvolvido pola Oficina de retorno coa atención a máis de 1.500 familias na área de Vigo no 2025
  • A Xunta destaca o labor de acompañamento e apoio desenvolvido pola Oficina de retorno coa atención a máis de 1.500 familias na área de Vigo no 2025
    A Xunta destaca o labor de acompañamento e apoio desenvolvido pola Oficina de retorno coa atención a máis de 1.500 familias na área de Vigo no 2025
  • A Xunta destaca o labor de acompañamento e apoio desenvolvido pola Oficina de retorno coa atención a máis de 1.500 familias na área de Vigo no 2025
    A Xunta destaca o labor de acompañamento e apoio desenvolvido pola Oficina de retorno coa atención a máis de 1.500 familias na área de Vigo no 2025
Listen to this page using ReadSpeaker
Vigo (Pontevedra), 19 de maio de 2026.

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, salientou hoxe o labor da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno no acompañamento ás persoas galegas do exterior no seu regreso a Galicia, a través dunha atención próxima, personalizada e integral. Unha ferramenta, expuxo, que o ano pasado atendeu na sede de Vigo máis de 1.500 familias e recibiu preto de 1.600 consultas. Así o expuxo durante a visita a esta oficina na cidade olívica no marco das actividades programadas da Semana da Administración Aberta 2026 e onde estivo acompañado polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz.

Esta atención, subliñou o conselleiro, contribúe aos froitos das medidas a prol do retorno. No caso da área de Vigo, reflíctese en cifras como as preto de 120 achegas extraordinarias ao retorno concedidas no 2025 por valor de máis de 527.000 euros e que permiten cubrir necesidades iniciais ou os máis de 20 proxectos de autoemprego apoiados a persoas retornadas con 158.000 euros.

En relación ao labor global da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno, que ademais da sede de Vigo conta con outras na Coruña, Santiago Lugo e Ourense, José González, sinalou que en total o ano pasado atendeu máis de 8.000 familias e recibiu máis de 30.000 consultas. Un traballo, engadiu, que se complementa coa Oficina Móbil, que se despraza polos concellos do rural e que no 2025 visitou máis de 170 concellos e atendeu máis de 400 familias.

Deste xeito, especificou, o Goberno galego brinda ás familias retornadas información administrativa e tamén acompañamento en cuestións como o emprego, a vivenda, a sanidade, a educación ou os trámites fiscais, facendo máis sinxelo e seguro o seu regreso a Galicia.

Esta oficina está cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

 

Estratexia Galicia Retorna.

Este labor, explicou o conselleiro, encádrase na Estratexia Galicia Retorna, unha planificación con horizonte en 2026 dotada de 450M€ e máis dun cento de medidas a prol do regreso a Galicia dos galegos e descendentes que residen no exterior. Neste contexto, puxo de relevo que, grazas a esta folla de ruta, desde o seu inicio no 2018 ata o 2024 regresaron a Galicia preto de 50.000 galegos, unha cifra que confirma a consolidación do retorno como fenómeno estrutural na Comunidade. Ademais, neste período, Galicia gañou máis de 140.000 habitantes grazas ao saldo migratorio positivo rexistrado, evidenciando un cambio de tendencia histórica que sitúa á Comunidade como territorio de retorno e tamén de acollida.

Estas cifras, destacou o conselleiro, reflicten que Galicia é terra de oportunidades á que os galegos emigrados poden retornar para consolidar o seu proxecto de vida e sumar o seu talento ao mercado de traballo. Ao tempo, manifestou o apoio da Xunta neste regreso, tal e como reflicte a Estratexia Galicia Retorna con actuacións como o programa Retorna Cualifica Emprego, do que está aberto ata o 30 de xuño o prazo de solicitudes da terceira edición para as entidades interesadas na súa xestión co fin de promover a volta con traballo de 200 galegos do exterior. Tamén se referiu ás feiras de emprego que este ano terán lugar no Brasil, tras o éxito das do ano pasado na Arxentina e no Uruguai.

Ademais, sinalou que neste eido da atracción de talento é clave a homologación de títulos universitarios, entre outros para as persoas beneficiarias das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior. Neste contexto, insistiu na importancia de que o Goberno central axilice este proceso, tal e como se lle ten trasladado desde a Xunta en diferentes ocasións, co obxectivo de permitir que a xente que retorna a Galicia poida desenvolver a súa vida profesional naquilo para o que se formou.

419 lecturas