A Xunta pon en valor o traballo das delegacións autonómicas na Arxentina e no Uruguai para avanzar nas políticas de retorno e no apoio á colectividade

A Xunta pon en valor o traballo das delegacións autonómicas na Arxentina e no Uruguai para avanzar nas políticas de retorno e no apoio á colectividade
A Xunta pon en valor o traballo das delegacións autonómicas na Arxentina e no Uruguai para avanzar nas políticas de retorno e no apoio á colectividade
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2026.

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, xunto co secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o secretario xeral técnico da Consellería, Joaquín Macho, mantiveron esta semana unha reunión de traballo cos delegados da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, e no Uruguai, Elvira Domínguez, co obxectivo de facer balance das políticas impulsadas polo Goberno galego dirixidas á colectividade e abordar os retos de futuro en dous dos países máis relevantes para a emigración galega.

Durante o encontro, púxose de manifesto o papel estratéxico de ambas delegacións, que continúan a consolidar a súa actividade tanto no acompañamento e atención á cidadanía galega residente no exterior como na difusión das oportunidades de retorno que ofrece Galicia. Así mesmo, abordouse a posta en marcha da nova sede da Delegación da Xunta en Bos Aires, recentemente adquirida na avenida Belgrano 990, esquina con Bernardo de Irigoyen. Trátase dun proxecto estratéxico co que o Goberno galego busca reforzar a súa presenza institucional na Arxentina e seguir estreitando os vencellos cos preto de 200.000 galegas e galegos residentes no país, a colectividade galega máis numerosa do exterior. A nova sede permitirá, ademais, fortalecer a atención á cidadanía galega, potenciar as políticas de retorno e captación de talento e intensificar a promoción económica, cultural e turística de Galicia nun dos principais escenarios da diáspora galega.

426 lecturas