Miranda reforza os lazos coa colectividade galega en Bos Aires e Montevideo e impulsa novas iniciativas de retorno durante a súa viaxe a Arxentina e Uruguai

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, completou unha axenda institucional e social en Bos Aires e Montevideo, na que se reforzaron os lazos coa colectividade galega residente en Arxentina e Uruguai. Durante varios días, mantivo reunións con representantes diplomáticos, medios de comunicación e entidades galegas, co obxectivo de promover accións de apoio ao retorno, á inserción laboral dos retornados e á difusión da cultura galega.
En Bos Aires, Miranda reuniuse co novo embaixador de España na Arxentina e co cónsul xeral en Bos Aires con quen abordou diversas cuestións de interese para os galegos residentes no país. Ademais avanzou a organización, a principios de marzo, dunha Feira de Emprego e Traballo tanto en Bos Aires como en Montevideo, destinada a facilitar asesoramento e oportunidades laborais á cidadanía galega no exterior. Estes encontros contaron coa participación do delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro López Dobarro.
No marco das actividades de carácter social e cultural, o secretario xeral mantivo un encontro con mozos que formaron parte de anteriores edicións do "Conecta con Galicia", aos que se lles informou da apertura da nova convocatoria das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME), dispoñible ata o 30 de abril. Ademais, compartiu unha camiñata con beneficiarios do programa "Reencontros" e con mozos galegos, percorrendo un tramo de preparación do Camiño de Santiago para subliñar a súa relevancia histórica e espiritual.
Por último, a viaxe continuou en Montevideo, onde o representante da Xunta, acompañado pola delegada da Xunta en Uruguai, Elvira Domínguez, e nos que intensificou a coordinación coas autoridades locais e a colectividade galega. Nesta última etapa, reforzouse a promoción da Feira de Emprego de marzo, subliñando a importancia de iniciativas que favorezan o retorno e a inserción profesional, ademais da dinamización cultural e a continuidade dos vínculos con Galicia. Miranda mantivo tamén un encontro de traballo coa Cónsul Xeral de España en Uruguai; María Vitoria Scola, que tamén participou nos diferentes actos organizados en Uruguai.
O balance global desta visita foi moi positivo, segundo destacou Antonio Rodríguez Miranda, quen agradeceu a colaboración das distintas institucións e entidades galegas coas que se reuniu. O secretario xeral incidiu na vontade de seguir impulsando proxectos que redunden no benestar dos galegos no exterior, afianzando así a ponte que conecta Arxentina e Uruguai coa Comunidade Autónoma.
Novas relacionadas