O secretario xeral da Emigración mantén un encontro de traballo coa á delegada da Xunta en Uruguai para coordinar e planificar o ano que comenza: “A coordinación coas delegacións é clave para dar unha resposta eficaz á colectividade galega no exterior”

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 8 de xaneiro de 2026.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe en Santiago de Compostela unha reunión de traballo coa delegada da Xunta de Galicia en Uruguai, Elvira Domínguez, co obxectivo de planificar as liñas de actuación para este novo ano e coordinar a acción institucional no país. No encontro analizáronse as prioridades comúns e a axenda de actividades previstas para seguir reforzando a atención á colectividade galega residente en Uruguai.

Durante a reunión tamén se abordou o desenvolvemento dos programas da Secretaría Xeral da Emigración no ámbito do retorno, da acción social e da promoción cultural, así como o papel das entidades galegas como elemento clave para manter vivo o vínculo con Galicia. Miranda destacou a importancia de continuar traballando de maneira coordinada para dar resposta ás necesidades actuais dos galegos do exterior e fortalecer a presenza institucional da Xunta de Galicia no país.

270 lecturas