Miranda e López Dobarro manteñen unha reunión co cónsul de Arxentina en Vigo para seguir a fortalecer o traballo a prol do retorno das e dos galegos residentes naquel país

Imaxe da reunión celebrada esta mañá na cidade olívica
Imaxe da reunión celebrada esta mañá na cidade olívica
Listen to this page using ReadSpeaker
Vigo, 19 de maio de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, mantiveron esta mañá un encontro co novo cónsul xeral da República Arxentina en Vigo, Horacio Martín Doval, co obxectivo de continuar a fortalecer o traballo a prol do retorno dos galegos e galegas residentes  no país do Cono Sur.

O cónsul asumiu recentemente este cargo relevando a Silvina Montenegro, quen estivo cinco anos á fronte do consulado na cidade olívica, e xa mantivo un encontro na sede da Secretaría Xeral da Emigración fai unhas semanas con Antonio Rodríguez Miranda. Agora, a reunión tivo lugar na sede do consulado na cidade olívica e na mesma participou o delegado da Xunta en Arxentina para achegar o contacto entre ambas institucións. Xunta e consulado manteñen unha plena colaboración, en especial no apoio ao colectivo de galegas e galegos retornados de Arxentina, que están a ver aumentar o seu número na Comunidade nos últimos anos.

357 lecturas