A Delegación da Xunta en Bos Aires inaugura en Mar del Plata a exposición ‘Acollida e hospitalidade no Camiño de Santiago’, destacando os valores históricos, culturais e espirituais desta tradición

Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires (Arxentina), 13 de xaneiro de 2025.

O delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, participou na inauguración da exposición fotográfica "Acollida e hospitalidade no Camiño de Santiago". A mostra, organizada pola Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires e o Viceconsulado Honorario de España en Xeral Pueyrredón, presentou 70 fotografías de Manuel G. Vicente como homenaxe aos hospitalarios voluntarios, pilares fundamentais do espírito solidario e cultural do Camiño.

O acto contou tamén coa presenza da vicecónsul de España en Mar del Plata, Claudia Álvarez Argüelles, e reuniu numerosas personalidades locais e membros da colectividade galega e española. A exposición, que poderá visitarse ata o 31 de xaneiro de 2025, permite afondar na tradición de acollida e encontro que define o Camiño de Santiago, destacando os seus valores históricos, culturais e espirituais.

362 lecturas