O delegado da Xunta en Bos Aires participa na clausura da exposición “O Camiño de Santiago” no Centro Islas Malvinas da cidade de La Plata

A exposición forma parte da actividades de difusión do Ano Xacobeo 21-22 en América.

O próximo 16 de setembro inaugurarase na Casa de Casco da cidade de Chascomús, provincia de Bos Aires, e posteriormente trasladarase á cidade de Rafaela, na provincia de Santa Fe.

Imaxe da clausura desta fin de semana na cidade de La Plata
Imaxe da clausura desta fin de semana na cidade de La Plata
Vídeo do Centro Gallego de La Plata
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2021.

O delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, xunto a outras autoridades da colectividade española na capital arxentina participou este fin de semana na clausura da exposición El Camino de Santiago. Una experiencia contemporánea de peregrinación.

Esta mostra, que estivo aberta durante as últimas semanas no centro cultural Islas Malvinas desta localidade, enmárcase dentro das actividades de difusión do Ano Xacobeo 21-22 en América.

No acto, xunto ao delegado da Xunta en Bos Aires, acudiron o presidente do Centro Gallego da cidade, Diego Hernán Pérez; o director da Delegación La Plata de la Dirección de Migracións, Nicolás Screpis; o director de colectividades da municipalidade da Plata, Simeón Wiochi; o cónsul honorario de España nesta localidade, Cristian Foyth López; o cónsul honorario de Francia, Alejandro Lucchelli Bernard, e outras autoridades.

A mostra, que foi declarada de interese Cultural pola Lexislatura da Cidade Autónoma de Bos Aires e xa se puido ver nas vilas de Mar del Plata, Rosario, Bos Aires e La Plata, inaugúrase o próximo 16 de setembro na cidade de Chascomús, na provincia de Bos Aires, e posteriormente, na cidade de Rafaela, en Santa Fe.

Composta por 16 fotografías do artista de Monforte de Lemos, Manuel Valcárcel Cabo, a mostra ofrece unha visión moderna do Camiño de Santiago, e analiza a súa historia como primeiro itinerario cultural europeo e patrimonio mundial, que favoreceu como ningún outro itinerario a creación e consolidación da idea de Europa. Este proxecto aporta, a través da grandiosidade da peregrinación a Santiago nos nosos días, a visión actual das paisaxes polas que atravesa, a súa historia e patrimonio. A maiores, tamén aporta imaxes sobre a propia experiencia da peregrinación, a súa espiritualidade e a convivencia entre pergrinas e peregrinos. 

623 lecturas