Miranda agradece a Silvina Montenegro o labor desenvolvido no fortalecemento dos lazos entre Galicia e a Arxentina na súa reunión de despedida

O secretario xeral da Emigración e a cónsul xeral da Arxentina en Galicia, durante o encontro
O secretario xeral da Emigración e a cónsul xeral da Arxentina en Galicia, durante o encontro
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho á cónsul xeral da Arxentina en Galicia, Silvina Montenegro co obxectivo de agradecerlle todo o labor desenvolvido ao longo destes anos polo seu intenso traballo de colaboración a prol do fortalecemento dos lazos entre Galicia e Arxentina.

Miranda entregoulle un agasallo de despedida e desexoulle moita sorte nos seus próximos proxectos persoais e profesionais. Recordou a súa total colaboración coa administración autonómica. “Para nós foi unha honra contar con ela como cónsul porque foi quen de fortalecer os lazos entre ambos pobos, cunha colaboración recíproca coa Xunta de Galicia dando así o mellor servizo aos arxentinos afincados na nosa comunidade”, engadiu o secretario xeral.

432 lecturas