O delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, asistiu ao acto de bendición da mouteira do Camiño de Santiago en Chascomús

  • Imaxe do acto de bendición da mouteira do Camiño de Santiago en Chascomús (na provincia de Buenos Aires)
    Imaxe do acto de bendición da mouteira do Camiño de Santiago en Chascomús (na provincia de Buenos Aires)

Listen to this page using ReadSpeaker
Chascomús (Arxentina), 14 de outubro de 2023.

O delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, asistiu ao acto de bendición da mouteira do Camiño de Santiago en Chascomús, no que estivo acompañado pola embaixadora de España, María Jesús Alonso Jiménez, e o intendente de Chascomús, Javier Gastón.

O delegado da Xunta na Arxentina destacou que “son moitos os lazos que unen a Galicia con Chascomús, polo que hoxe o pobo galego fai entrega a esta cidade dunha mostra de respeto e cariño a través desta mouteira que marca un fito no Camiño de Santiago, mostrando a distancia física que nos separa pero tamén o preto que se atopa o  espírito que nos une”. Tal e como engadiu López Dobarro, “Galicia quere agradecer a Chascomús o acollemento ao noso pobo, e o seu labor por seguir a fortalecer os lazos que nos converten en pobos irmáns”.

365 lecturas