Miranda recibe á cónsul de Arxentina en Vigo destacando que a súa experiencia neste posto permitirá unha frutífera colaboración
Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2023.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe a cónsul xeral de Arxentina en Vigo, Silvina Montenegro, trala súa recente incorporación ao seu novo destino. Durante o encontro destacou que a súa experiencia anterior neste posto permitirá unha frutífera colaboración.
Miranda trasladoulle a seguridade de que vai a ser unha gran valedora a prol dos arxentinos afincados en Galicia, recordando que a nova cónsul xeral conta cunha ampla experiencia nese cargo, xa que estivo ao fronte do mesmo durante varios anos, realizando un intenso traballo a favor do fortalecemento dos lazos entre Galicia e Arxentina.
Novas relacionadas