Emigración organiza dúas xornadas sobre integración de persoas inmigrantes

A primeira delas enfócase a entidades sociais e público en xeral, e a segunda ten como destinatario o persoal de concellos.

A iniciativa terá lugar os días 25 e 26 na sede da EGAP.

Listen to this page using ReadSpeaker

“Programa de integración para persoas inmigrantes”, organizado pola Secretaría Xeral da Emigración.A Secretaría Xeral da Emigración vén de organizar, para os hoxe luns e mañá martes, dúas xornadas informativas baixo o epígrafe “Programa de integración para persoas inmigrantes”, que terán lugar na sede da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en Santiago.

A primeira das xornadas ten por destinatarios e destinatarias a representantes de entidades de iniciativa social que están a traballar coas persoas inmigrantes, e público en xeral, interesado por esta materia. Na segunda, de cariz máis específico, agárdase que participen persoal técnico das entidades locais (concellos, fundamentalmente) que estean a desenvolver programas e accións de integración de persoas inmigrantes.

O programa de ambas xornadas é similar, comezando ás dez da mañá cunha breve presentación a cargo do subdirector xeral do Retorno e da Inmigración, Antonio Aguarón. Inmediatamente despois, farase unha exposición dos diferentes módulos do Programa de Integración (valores constitucionais en España, valores estatutarios da Comunidade Autónoma de Galicia, valores da Unión Europea, os dereitos humanos, a democracia, as liberdades públicas, etc). Con este “Programa de Integración” preténdese facilitar ás persoas inmigrantes os contidos mínimos que a normativa en materia de estranxeiría lles esixe para que poidan acreditar a súa integración na Comunidade Autónoma galega.

Para dar finalización á xornada, a xefa do Servizo de Información e Tramitación de Subvencións, Mercedes Mato, realizará unhas conclusións finais sobre dito “Programa de Integración” e aclaracións sobre a emisión do informe de esforzo de integración.

918 lecturas