A VI Foliada do Club Galicia de Bonn contou coa asistencia de galegas e galegos residentes nos países europeos veciños

A foliada da cidade renana é xa un referente neste tipo de celebracións en Alemaña.

  • Á foliada de Bonn tamén acudiron galegas e galegos residentes en Frankfurt, Rotterdam, Bélxica ou Francia. Foto: Alejandra Plaza
    Á foliada de Bonn tamén acudiron galegas e galegos residentes en Frankfurt, Rotterdam, Bélxica ou Francia. Foto: Alejandra Plaza

Listen to this page using ReadSpeaker
Bonn (Alemaña), 20 de marzo de 2013.

A Foliada de Bonn xa é todo un referente na antiga capital alemá e un punto de encontro para as e os amantes da gaita e a muiñeira. E cada vez son máis as e os residentes nos países europeos veciños que acoden a esta cita para compartir a súa afección.

Así, o grupo Follas Novas del Centro Cultural Gallego de Frankfurt ao completo, persoas membro do Lar Galego de Rotterdam, compoñentes belgas do grupo Contrabanda de Bruxelas, alemás e alemáns apaixonados do folk máis tradicional e, mesmo, dende Francia asistiron ao evento onde e, sen ensaio previo, celebraron o Magosto de Bonn o pasado sábado 17 con moita música e baile.

O presidente do centro galego de Bonn, Santos Rodrìguez, preparou unha Queimada para deleite das e dos asistentes e colofón de festa.

1094 lecturas