Foliada galega en Bonn

Listen to this page using ReadSpeaker

Imaxe da festa galega celebrada en Alemaña a pasada fin de semana.A pasada fin de semana, o Club Galicia de Bonn e.V. celebrou con grande éxito a "Foliada de Primavera". Para iso contou coa participación de varias e varios membros do grupo Follas Novas de Frankfurt, do grupo belga Contrabanda, de antigos e antigas integrantes do centro galego O Lar de Castelao, do mesmo centro organizador, etc...

A Foliada comprende un traballo colectivo, organizado, unha posta en escena espontánea e, ante todo, un coñecemento e recoñecemento da cultura popular galega. Non houbo diferenzas de idades, de orixes, de culturas, simplemente, unha gran diversión fusionada con baile, canto e música galega. As persoas encaragdas da organización do centro galego de Bonn pretende dar continuidade a este evento para fortalecer lazos con diferentes grupos galegos e non galegos espallados por toda Europa.

1069 lecturas