Máis de mil persoas visitaron cada día o stand gastronómico, turístico e artesán de Galicia na Semana Galega de Frankfurt

A instalación foi realizada polo Centro Cultural Galego da localidade alemá en colaboración con Emigración, Turismo, e Artesanía de Galicia.

Dado o éxito da iniciativa, cuxo forte foi a realización de ‘show cookings’, a Xunta proxecta agora repetir a experiencia noutros enclaves de España e Europa.

  • A Semana Cultural Galega de Frankfurt, organizada polo centro galego da importante cidade financeira, cumpriu a súa XXIX edición
    A Semana Cultural Galega de Frankfurt, organizada polo centro galego da importante cidade financeira, cumpriu a súa XXIX edición
  • Máis de mil visitantes diarios achegáronse ata o stand gastronómico que instalaron o Centro Galego de Frankfurt e a Xunta
    Máis de mil visitantes diarios achegáronse ata o stand gastronómico que instalaron o Centro Galego de Frankfurt e a Xunta
  • O cociñeiro Álvaro Villasante foi o encargado de realizar os 'show cookings' de cociña galega.
    O cociñeiro Álvaro Villasante foi o encargado de realizar os "show cookings" de cociña galega.
  • Estas mostras en directo das maneiras de cociñar os produtos e pratos máis senlleiros da gastronomía galega foron un gran éxito.
    Estas mostras en directo das maneiras de cociñar os produtos e pratos máis senlleiros da gastronomía galega foron un gran éxito.
  • Non só persoas adultas senón tamén moitos e moitas escolares tiveron a oportunidade de coñecer máis sobre a cultura de Galicia
    Non só persoas adultas senón tamén moitos e moitas escolares tiveron a oportunidade de coñecer máis sobre a cultura de Galicia
  • Non só persoas adultas senón tamén moitos e moitas escolares tiveron a oportunidade de coñecer máis sobre a cultura de Galicia
    Non só persoas adultas senón tamén moitos e moitas escolares tiveron a oportunidade de coñecer máis sobre a cultura de Galicia
  • A Semana Cultural Galega en Frankfurt desenvolveuse do 19 ao 22 de maio
    A Semana Cultural Galega en Frankfurt desenvolveuse do 19 ao 22 de maio
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 27 de maio de 2013.

O stand para dar a coñecer a Comunidade Autónoma na Semana Cultural Galega de Frankfurt, organizada polo Centro Cultural Galego desta localidade coa colaboración das Secretarías Xerais da Emigración e Turismo, e a Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño -dependente da Consellería de Economía e Industria-, foi un dos máis visitados nesta edición do evento que tódalas primaveras ten lugar na capital financeira alemá. A iniciativa da Semana Cultural Galega leva anos divulgando e promovendo a cultura e folclore galegos en terras alemás.

A instalación consistía nunha mostra de 75 imaxes turísticas de Galicia seleccionadas ad hoc para o público alemán, montadas a modo de estrutura arbórea, que poñían de relevo algúns dos maiores atractivos da Comunidade, como o Camiño de Santiago, xoias paisaxísticas, elementos patrimonios da Humanidade, iconas senlleiras da nosa cultura, etcétera.

O prato forte –nunca mellor dito- do stand foi o labor realizado polo cociñeiro Álvaro Villasante, integrante do Grupo Nove, que fixo as delicias das e dos máis de mil visitantes diarios cos seus show cookings, é dicir, mostras en directo das maneiras de cociñar os produtos e pratos máis senlleiros da gastronomía galega, e cuxa afluencia de visitantes foi crecendo de xeito moi significativo segundo pasaban os catro días de duración do evento.

Vocación de continuidade
A Xunta de Galicia, a través dos organismos mencionados, pensou en apoiar e completar esa iniciativa a través deste exitoso stand, coa finalidade de proxectar a imaxe turística, artesá, gastronómica, e de innovación e deseño da Galicia actual nun dos enclaves nos que se asenta o motor económico de Europa, e dar a coñecer as imaxes e sabores da terra da que procede a importante colonia galega asentada en Frankfurt.

Vista a receptividade amosada pola poboación de acollida, a experiencia repetirase noutras citas similares nas que participen comunidades galegas asentadas fóra da Galicia territorial. De feito, varias casas galegas en Alemaña e noutros países europeos xa solicitaron tal colaboración. Así, en breve prazo, o stand instalarase en Xenebra, Santurtzi, Sevilla, e Barcelona.

1056 lecturas