O Centro Galego de Frankfurt e.V. celebrou o Magosto

Grande éxito de asistencia, que deu a coñecer esta tradicional festa galega ao numeroso público alemán que acudiu ao evento.

  • Imaxe da celebración do Magosto en Frankfurt.
    Imaxe da celebración do Magosto en Frankfurt.
  • Ademáis das actuacións musicais tamén houbo foliada.
    Ademáis das actuacións musicais tamén houbo foliada.
  • Conxuro da Queimada.
    Conxuro da Queimada.
  • Imaxe dos preparativos, nos que as e os responsables do centro traballaron arreo.
    Imaxe dos preparativos, nos que as e os responsables do centro traballaron arreo.
  • Os mozos e mozas do grupo Follas Novas da entidade tivieron un seminario de gaita nas semanas previas.
    Os mozos e mozas do grupo Follas Novas da entidade tivieron un seminario de gaita nas semanas previas.
  • Os mozos e mozas do grupo Follas Novas da entidade tivieron un seminario de gaita nas semanas previas.
    Os mozos e mozas do grupo Follas Novas da entidade tivieron un seminario de gaita nas semanas previas.
  • Material de promoción turística cedido por Oficina Española de Turismo en Frankfurt.
    Material de promoción turística cedido por Oficina Española de Turismo en Frankfurt.
Listen to this page using ReadSpeaker
Frankfürt, 6 de novembro de 2012.

Chega o outono e con el a castaña, o viño novo e a celebración dunha das festas propias desta época do ano, o Magosto. O Centro Cultural Galego de Frankfurt adiantou nesta ocasión á última fin de semana de outubro a celebración desta festa para poder participar nos Magostos que outros centros e asociacións de Alemaña celebrarán durante o mes de novembro coa achega do grupo Follas Novas da entidade.

Para esta ocasión o centro alugou un polideportivo en Kalbach, un pobo próximo á cidade financeira, coa intención de dar a coñecer ao público alemán esta tradicional festa galega. Foi unha aposta importante, innovadora e un tanto arriscada pois, aínda que se levou a cabo un gran labor publicitario, era imposible calcular o número de asistentes. Ás 19,00 h. empezaban a chegar as e os primeiros curiosos e unha hora máis tarde se estaban a engadir mesas e cadeiras para acomodar a un numeroso público dos cal, algunha que outra persoa, tivo que gozar da festa de pé tras esgotarse os asentos. Máis de 400 persoas, na súa gran maioría alemáns e alemás, gozaron e deixáronse enmeigar co Conxuro da queimada e as diversas especialidades galegas e españolas. No anecdótico, destacar o grande éxito da empanada galega, esgotada en sete minutos.

Na parte musical contouse coas actuacións, baixo intercambio cultural, de Arte Flamenca de la Pena Los Cabales, Pasión Flamenca de Niederrad e Dj Don Alfredo. O grupo anfitrión Follas Novas mostrou o seu novo repertorio de música e baile, aprendido e ensaiado ao longo das dúas semanas precedentes. A Xunta de Galicia facilitou, unha vez máis, as clases maxistrais de gaita a cargo de Anxo Lorenzo, quen acompañou aos rapaces e rapazas nos días anteriores e en calidade de profesor ao 35º Aniversario do S.C.R. Lar Galego de Rotterdam.

Son tempos difíciles para todas as sociedades e entidades galegas, pero a motivación e as ganas de seguir adiante deste grupo é tal que, ante a precariedade de profesorado ao seu alcance, decidiron tocar polas rúas para conseguir diñeiro e poder contratar un profesor de percusión durante unha semana, carrexando cos gastos de aloxamento e axudas deste e de Anxo Lorenzo durante a súa estanza na cidade alemá. Serxio Núñez foi a persoa que complementou e emendou as carencias deste renovado grupo en todos os aspectos, e as e os compoñentes de Follas Novas renunciaron ás dúas semanas de vacacións escolares para aproveitar ao máximo as clases maxistrais de ambos os dous profesores. Para a foliada das doce da noite contaron coa colaboraciónn de membros doutros grupos e amantes da gaitas galega doutros países, como Bélxica.

Así mesmo, o público alemán puido indagar nas ofertas turísticas de Galicia a través do material cedido pola Oficina Española de Turismo en Frankfurt. Sen dúbida, un grande éxito para a directiva organizadora do Centro Cultural Galego, que recibiu a felicitación, e a oferta de colaboración futura, das personalidades e institucións de Kalbach.

1472 lecturas