A Universidade de Vigo preséntalle á Xunta un proxecto piloto de tradución para axudar a vítimas de violencia de xénero

As responsables do departamento de tradución e interpretación da UVI reuníronse coa secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella.

O Proxecto SOS-VICS centrase na formación de intérpretes especializados e especializadas no traballo con vítimas estranxeiras, sendo o primeiro destas características na UE.

  • A secretaria xeral da Igualdade mantivo una xuntanza coas responsables do departamento de tradución e interpretación da UVI
    A secretaria xeral da Igualdade mantivo una xuntanza coas responsables do departamento de tradución e interpretación da UVI
  • A secretaria xeral da Igualdade mantivo una xuntanza coas responsables do departamento de tradución e interpretación da UVI
    A secretaria xeral da Igualdade mantivo una xuntanza coas responsables do departamento de tradución e interpretación da UVI
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 27 de maio de 2013.

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo una xuntanza coas responsables do departamento de tradución e interpretación da Universidade de Vigo, que lle presentaron o proxecto piloto SOS-VICS, que se centra na formación de intérpretes cuxa especialidade é o traballo con vítimas estranxeiras de violencia de xénero.

O obxectivo de SOS-VICS é crear recursos de formación para intérpretes no ámbito específico da violencia de xénero, para que leven a cabo o seu traballo como pontes na comunicación de maneira precisa e profesional neste ámbito determinado, posto que presenta características contextuais diferenciadas do resto de situación de mediación lingüística.

O proxecto levarase a cabo en Galicia, Cataluña, Valencia, Madrid, Castela León, Andalucía e Canarias, co obxectivo de que a metodoloxía e os resultados se poidan aplicar tamén a outras Comunidades autónomas españolas e a outros países da UE con características similares ás nosas, no que se refire á poboación estranxeira vítima de violencia de xénero.

En concreto, participan nove universidades españolas: a Universidade de Vigo -que é a coordinadora da iniciativa-, La Laguna, Alcalá, Vic, Jaume I Castellón, Granada, Alicante, Salamanca e a Autónoma de Barcelona.

É de salientar que, a pesares de que se están levando a cabo estudio similares noutros países como Estados Unidos, Canadá ou Australia, o proxecto SOS-VICS é o primeiro destas características que se desenvolve no seo da Unión Europea.

858 lecturas