A ONG Ecos do Sur fala sobre a violencia de xénero e a inmigración en Ames

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu as primeiras xornadas sobre a violencia de xénero en Ames.

Listen to this page using ReadSpeaker

Durante algo máis dunha hora o persoal da ONG Ecos do Sur impartiu unha charla sobre a violencia de xénero e a inmigración. Milagros Oreiro, responsable dos programas locais e de sensibilización de Ecos do Sur, en compañía de Elena Maison, asesora xurídica da ONG, foron as encargadas de presentar esta conferencia, así como de moderar o posterior debate.

Nesta terceira seción, o persoal da ONG Ecos do Sur falou sobre a violencia de xénero e a inmigración.

Ecos do Sur é unha organización non gobernamental de desenvolvemento aconfesional, independente e sen ánimo de lucro, que naceu no ano 1991. «Traballamos en diversas áreas e atendemos a emigrantes e migrantes retornados. Temos un servizo de acollida, de orientación e de mediación intercultural. Para iso contamos con dous psicólogos e un servizo xurídico prestando unha atención especial a persoas estranxeiras», explicou Elena Maison nada máis comezar.

Por outra banda, Maison Díaz comentou que «a violencia de xénero é un problema que nos alcanza a todos independentemente da orixe e da condición social de cada cidadán». Ademais, achegaron diversos datos como que o 33% das denuncias pertencen a mulleres estranxeiras e o 67% a mulleres españolas.

O persoal da ONG Ecos do Sur incidiu na idea de que as mulleres en situación irregular teñen o temor de acudir a policía a pór unha denuncia porque poden expulsalas do pais no que residen. Na lei de 2009 queda establecido que no momento no que acoden a pór unha denuncia por violencia de xénero podería solicitarse un permiso de residencia por ser vítima. Este é un permiso temporal que agora ata dá dereito de traballo.

Dentro deste programa organizáronse seis sesións para os profesionais que traballan en ámbitos sociais, sanitarios, xurídicos e policiais. Nestes intres tamén se están levando a cabo unhas sesións abertas a toda a cidadanía que trouxeron ámela a figuras como a poetisa Yolanda Castiñeiro e a escritora Gemma Lienas.

1740 lecturas