Standard & Poor´s mantén o rating de Galicia polo seu forte compromiso coa redución do déficit
A axencia de cualificación considera positivos os estados financeiros da comunidade autónoma.
Estima que a carga da débeda de Galicia chegará aos seu pico en 2012 e diminuirá despois.
A Xunta de Galicia amosa a súa satisfacción pola confirmación do rating nun momento de grandes dificultades económicas.
Standard & Poor’s confirmou esta semana que mantén o rating de Galicia en AA-/A-1+ ao considerar que o Goberno autonómico ten un forte compromiso para cumprir cos obxectivos de consolidación fiscal do pactos de estabilidade nacional para as comunidades españolas.
A axencia de cualificación explica que a nota de Galicia se basea na valoración positiva que fai dos seus estados financeiros e tamén salienta que a carga da débeda da comunidade autónoma chegará ao seu pico en 2012, ano a partir do cal comezará a diminuír.
A Xunta de Galicia expresa a súa satisfacción pola confirmación do rating da comunidade nun momento de grandes dificultades económicas e enorme desconfianza por parte dos mercados.
Novas relacionadas



