Galicia foi a segunda comunidade que rexistrou menor déficit no ano 2011, case a metade da media das autonomías

As comunidades galega e a madrileña son, ao igual que en 2009 e en 2010, as que presentan un mellor comportamento.

Galicia tería un déficit inferior ao 1,3% se o anterior Goberno cumprira o sistema de financiamento autonómico e transferira o Fondo de Cooperación.

A comunidade achega de novo solvencia a España e a Xunta reafirma o seu absoluto compromiso coa estabilidade orzamentaria.

Listen to this page using ReadSpeaker

Xunta de GaliciaGalicia foi a segunda comunidade autónoma que rexistrou un menor déficit público, cun 1,61% do PIB, case a metade do rexistrado de media polo conxunto de autonomías, que se elevou ao 2,94%, segundo os datos feitos públicos onte polo Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas.

Desta forma, un ano máis, ao igual que en 2009 e en 2010, as comunidades de Madrid e de Galicia son as que presentan un mellor comportamento. Así, Galicia achega un exercicio máis solvencia ao conxunto de España.

Se o anterior Goberno central non incumprise o sistema de financiamento autonómico e tivera transferido o Fondo de Cooperación en 2011, que achegaría 243 millóns de euros á autonomía, o déficit da Comunidade galega situaríase por debaixo do 1,3% do PIB.

A Xunta de Galicia reafirma de novo o seu absoluto compromiso coa estabilidade orzamentaria, tal e como leva facendo nos tres anos da presente lexislatura.

858 lecturas