Feijóo: “No peor momento económico da democracia, Galicia recibe a maior porcentaxe de investimentos da súa historia”

O titular da Xunta salienta que “canto máis baixa o presuposto do Estado, máis sube o investimento do Estado en Galicia e, evidentemente, iso hai que valoralo”.

“Estamos ante o maior investimento en Galicia nos orzamentos de maior austeridade en España”, remarca.

Sinala que, se para o resto de España, os orzamentos son “realistas”, para a comunidade galega estes orzamentos “non poden ser máis ambiciosos, no que a investimentos se refire”.

Subliña que os 1.600 millóns de euros que recibirá Galicia “nos sitúa entre as dúas comunidades autónomas con maior investimento per cápita; entre as dúas comunidades con maior incremento de presuposto; e nun plantexamento que nos pode dicir que o punto de partida desta lexislatura é inmellorable no que ao AVE, ás autovías e aos portos se refire”.

Agradécelle ao presidente do Goberno o “cumprimento da palabra dada con Galicia”.

  •  O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa do Consello. Autor: Xoán Crespo.
    O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa do Consello. Autor: Xoán Crespo.
  •  O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa do Consello. Autor: Xoán Crespo.
    O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa do Consello. Autor: Xoán Crespo.
Listen to this page using ReadSpeaker

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, valorou o pasado mércores positivamente os investimentos que os Orzamentos Xerais do Estado de 2012 recollen para a comunidade galega. “A gran partida dos orzamentos do Estado danos unha das grandes noticias positivas que tivemos nos últimos anos”, aseverou Feijóo, resaltando que “no peor momento económico da democracia, Galicia recibe a maior porcentaxe de investimentos da súa historia”.

“Canto máis baixa o presuposto do Estado, máis sube o investimento do Estado en Galicia e, evidentemente, iso hai que valoralo”, engadiu o mandatario autonómico lembrando que estamos “ante o maior investimento en Galicia nos orzamentos de maior austeridade en España” e que, polo tanto, a valoración desde Galicia non pode ser máis que “positiva”.

“En época de bonanza económica é fácil facer investimentos ou dicir que se fan; en época de escaseza económica cada euro ten dobre valor”, asegurou o presidente galego afirmando que, se para o resto de España, as Contas Xerais do Estado, “son realistas”, para Galicia, estes presupostos “non poden ser máis ambiciosos, no que a investimento se refire”.

O presidente da Xunta recoñeceu que o Goberno galego está avaliando “cal é o impacto” das contas xerais do Estado nas “capacidades orzamentarias da Comunidade Autónoma”. “Pero respecto ao ministerio que afecta máis, desde o punto de vista cuantitativo, en Galicia temos 1.600 millóns de euros”, remarcou Feijóo, aseverando que estes 1.600 millóns de euros “nos sitúa entre as dúas comunidades autónomas con maior investimento per cápita; entre as dúas comunidades autónomas con maior incremento de presuposto; e sitúanos, sen ningunha dúbida, nun plantexamento que nos pode levar a dicir que o punto de partida desta lexislatura é inmellorable no que ao AVE, ás autovías e aos portos se refire”. O titular da Xunta amosouse confiado en que “saibamos aproveitar eses case 1.600 millóns de euros, tanto desde o punto de vista da reactivación da economía galega como no que a investimentos se refire.

“O punto de partida desta lexislatura é inmellorable cos presupostos máis realistas e máis dolorosamente realistas que se aprobaron nos últimos anos en España”, concluíu Feijóo agradecéndolle ao presidente do Goberno de España “o cumprimento da palabra dada con Galicia”.

858 lecturas