A Sociedade A Nosa Galiza de Xenebra promociona entre cidadás e cidadáns galegos e suízos o Xacobeo 21-22 a través do seu restaurante

Imaxe do restaurante de A Nosa Galiza de Xenebra
Imaxe do restaurante de A Nosa Galiza de Xenebra
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2021.

A Sociedade A Nosa Galiza de Xenebra está a colaborar na promoción do Camiño de Santiago grazas ao material de traballo cos logos do Xacobeo 21-22 cos que xa contan as e os camareiros e cociñeiros do seu restaurante.  

Deste xeito, o equipo humano está xa a utilizar gorros de cociña, mandís e camisetas co logo do Xacobeo, enviado pola Secretaría Xeral da Emigración, co obxectivo de dar a coñecer e difundir o Camiño entre as e os residentes galegos en Suíza así como entre os veciños e veciñas da internacional cidade de Xenebra.

767 lecturas