A Asociación Cultural As Xeitosiñas de Zürich apoia o Xacobeo 21-22 a través do seu centro de restauración

Imaxe do restaurante da Asociación 'As Xeitosiñas' de Zürich
Imaxe do restaurante da Asociación "As Xeitosiñas" de Zürich
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2021.

A Asociación Cultural As Xeitosiñas de Zürich (Suíza) tamén apoia activamente o Xacobeo 21-22 a través do seu centro de restauración, e para iso, promociona o Camiño grazas ao material de traballo cos logos deste evento cos que xa contan as e os camareiros e cociñeiros do seu restaurante.  

Deste xeito, o equipo humano está xa a utilizar gorros de cociña, mandís e camisetas co logo do Xacobeo, enviados pola Secretaría Xeral da Emigración, co obxectivo de dar a coñecer e difundir o Camiño entre os residentes galegos e galegas nesta localidade así como entre todos os veciños e veciñas de Suíza que pasan polas súas instalacións.

392 lecturas