A Casa de Galicia de Badajoz promociona a través do seu restaurante o Xacobeo 21-22

Imaxe do restaurante da Casa de Galicia de Badajoz
Imaxe do restaurante da Casa de Galicia de Badajoz
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2021.

A Casa de Galicia de Badajoz promociona o Xacobeo 21-22 a través do seu restaurante, co apoio do material de traballo das e dos seus camareiros como dos seus cociñeiros, que mostran o logo do Camiño de Santiago.  

Deste xeito, o equipo humano está xa a utilizar gorros de cociña, mandís e camisetas co logo do Xacobeo, enviado pola Secretaría Xeral da Emigración, co obxectivo de dar a coñecer e difundir o Camiño entre os residentes galegos e galegas nesta localidade así como entre todos os veciños e veciñas da capital pacense que pasan polas súas instalacións.

599 lecturas