A Casa de Galicia de Las Palmas de Gran Canaria promociona o Xacobeo 21-22 a través do seu restaurante

Imaxe do restaurante da Casa de Galicia de Las Palmas
Imaxe do restaurante da Casa de Galicia de Las Palmas
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2021.

A Casa de Galicia de Las Palmas de Gran Canaria está a promocionar o Camiño de Santiago a través do material de traballo das e dos seus camareiros e cociñeiros, que locen nos seus traxes de faena o logo do Xacobeo 21-22.  

Deste xeito, o equipo humano está xa a utilizar gorros de cociña, mandís e camisetas co logo do Xacobeo, enviado pola Secretaría Xeral da Emigración, co obxectivo de dar a coñecer e difundir o Camiño entre os residentes galegos e galegas nesta localidade así como entre todas e todos os turistas e veciños que pasan polas súas instalacións.

494 lecturas