O restaurante do Centro Galego de Ceuta recibe material promocional do Xacobeo 21-22 para animar a veciñas e veciños e visitantes a facer o Camiño

Imaxe do Centro Galego de Ceuta
Imaxe do Centro Galego de Ceuta
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2021.

Os traballadores e traballadoras do restaurante co que conta o Centro Galego de Ceuta contan xa co material de traballo co logo do Xacobeo 21-22 que a Secretaría Xeral da Emigración enviou ás diferentes entidades galegas do exterior e que ten como obxectivo animar a veciñas e veciños e visitantes a percorrer o Camiño.

Este envío permite dotar de material de traballo a estes centros de restauración pero tamén promocionar o Camiño de Santiago ante estes dous anos de Xacobeo nos que nos atopamos. Entre outro material, enviáronse gorros de cociña, mandís e camisetas co logo do Xacobeo.

677 lecturas