A Secretaría Xeral da Emigración e a rede de Centros Valencianos en el Exterior intercambian experiencias e valoran a situación actual dos centros no estranxeiro

Miranda recibiu ao vicepresidente de CEVEX, José Alberto Sanchís, con quen compartiu impresións sobre a realidade da emigración española.

Miranda e Sanchís, durante a reunión celebrada no despacho do secretario xeral da Emigración en Santiago de Compostela
Miranda e Sanchís, durante a reunión celebrada no despacho do secretario xeral da Emigración en Santiago de Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2018.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu ao vicepresidente da rede de Centros Valencianos en el Exterior, José Alberto Sanchís, en Santiago de Compostela para intercambiar experiencias e impresións sobre a realidade das entidades españolas que funcionan no estranxeiro. Os representantes de ambas institucións compartiron propostas e proxeccións de cara fortalecer estas entidades, e estableceron as bases dunha colaboración futura neste eido.

Na actualidade hai 25 CEVEX en América do Sur e Centroamérica, seis en América do Norte, outros seis en Europa, dous en Asia e 17 repartidos por diversas cidades de España. Todos eles atenden aos 127.662 valencianos e valencianas que, segundo os últimos datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE), referidos ao ano 2017, residen no exterior. Galicia, pola súa banda, conta coa colaboración de preto de 200 centros galegos espallados polo mundo para manter viva a cultura galega entre as e os 516.489 galegas e galegos que viven fóra das nosas fronteiras.

438 lecturas