Miranda pon o foco nos centros galegos do exterior como principais difusores da cultura galega no estranxeiro

O secretario xeral da Emigración reuniuse co presidente da A.B.C. do Partido de Corcubión, unha das que posúe unha programación cultural máis activas da Arxentina.

Miranda e Ameijeiras, durante a reunión celebrada na sede da Secretaría Xeral da Emigración na capital de Galicia
Miranda e Ameijeiras, durante a reunión celebrada na sede da Secretaría Xeral da Emigración na capital de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 12 de outubro de 2018.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, celebrou unha xuntanza co presidente da ABC Partido de Corcubión, Carlos Ameijeiras, un dos centros que goza desde hai décadas dunha programación de actividades máis intensa da Arxentina, principalmente no eido cultural. E é precisamente neste campo, salientou o responsable autonómico durante o encontro, no que os centros galegos do exterior teñen unha maior responsabilidade como principais difusores das tradicións, costumes e legado inmaterial de Galicia máis aló das súas fronteiras.

“Preservar o son, a imaxe e a letra que dan vida á nosa terra e abrila ao resto de galegos, de nacemento ou de corazón, é unha das nosas encargas máis bonitas, pero tamén das que requiren un esforzo máis constante, tesón e, sobre todo, poñer moita alma no que se fai”, asegurou Miranda. O titular de Emigración aproveitou á recepción a Ameijeiras para agradecerlle en nome de Galicia o intenso labor que está a realizar a ABC Partido de Corcubión, que supera as 800 persoas asociadas. 

Centenario no 2022
O secretario xeral da Emigración e o representante dos galegos e galegas de Corcubión na capital arxentina conversaron, así mesmo, acerca da situación da entidade, que está a piques de comezar os preparativos do seu centenario, que se celebrará no 2022, e da colectividade galega en xeral no país andino, no que máis presenza ten en todo en mundo fóra da propia comunidade. A data 1 de xaneiro de 2018 eran 175.906 cidadás e cidadáns galegos, dos que só 43.497, é dicir, preto do 24,73 %, foron nados na comunidade, e o resto, xa no seu país de destino.

298 lecturas