“A Virxe Roxa”, segundo documental do Ciclo Mestre Mateo que volveu ás salas de proxección de seis centros galegos do exterior

  • Imaxe da proxección en Bos Aires
    Imaxe da proxección en Bos Aires
  • Imaxe da proxección no Centro Gallego de Montevideo
    Imaxe da proxección no Centro Gallego de Montevideo
  • Imaxe da proxección no Lar Gallego de Sevilla
    Imaxe da proxección no Lar Gallego de Sevilla
  • Imaxe da proxección en Londres
    Imaxe da proxección en Londres
  • Imaxe da proxección en Berlín
    Imaxe da proxección en Berlín
  • Imaxe da proxección no Centro Gallego de Madrid
    Imaxe da proxección no Centro Gallego de Madrid
  • Imaxe da proxección no Centro Galego de Tarragona
    Imaxe da proxección no Centro Galego de Tarragona
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 24 de abril de 2022.

Seis centros galegos do exterior proxectaron esta fin de semana o documental A Virxe Roxa, dentro do Ciclo Mestre Mateo que organiza a Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual. Este filme, precisamente, foi o gañador este ano na categoría de Mellor Documental dos premios do mesmo nome.

O Instituto Argentino Gallego Santiago Apóstol, o Centro Gallego de Montevideo, o Centro Galego de Londres, a Asociación Cultural Galega De Berlín Son, o Centro Gallego de Madrid, o Lar Gallego de Sevilla e o Centro Galego de Tarragona foron as entidades que organizaron estas proxeccións que teñen unha periodicidade mensual de marzo a decembro (salvo xullo e agosto), de xeito que se poida dar a coñecer, fóra de Galicia, o labor do sector audiovisual galego. De maneira excepcional, o Centro Gallego de Madrid proxectará nesta ocasión a cinta mañá, 25 de abril, ás 19 horas, e a Hermandad Gallega de Venezuela a próxima fin de semana.

320 lecturas