Emigración facilitou o achegamento a Galicia para case 200 galegas e galegos do exterior en 2022 coa colaboración con máis de 50 centros

O departamento autonómico volveu a achegar a galegas e galegos do exterior a Galicia en programas de lecer de cara á promoción do Ano Santo. 

  • Imaxe do Conecta co Xacobeo 2022
    Imaxe do Conecta co Xacobeo 2022
  • Imaxe dos Reencontros co Xacobeo 2022
    Imaxe dos Reencontros co Xacobeo 2022
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2023.

A Secretaría Xeral da Emigración continuou en 2022 coas actividades de lecer para os galegos e galegas do exterior en colaboración con máis de 50 centros, tanto de España como de Europa e América, desenvolvendo proxectos de achegamento a Galicia como foron os Conecta e Reencontros co Xacobeo, desenvolvidos en outubro e novembro.  

Tanto o programa de Conecta, destinado a menores de 65 anos, como o de Reencontros, no que participaron maiores desa idade, tiveron coma obxectivo promover os lazos con Galicia e coa súa cultura a través do Camiño de Santiago das persoas vinculadas ás entidades galegas que existen tanto no resto de comunidades autónomas de España como nos outros países europeos e de América, fomentando a súa participación no Ano Santo. 

A Secretaría Xeral quixo así dar un pulo ás entidades e centros galegos, así como aos seus asociados e asociadas, que sufriron numerosos peches e limitacións a causa da pandemia, e que son promotores do Camiño de Santiago en todos os lugares onde teñen a súa sede.

As e os participantes, procedentes de máis de 50 entidades distintas, percorreron, no caso do Conecta, 100 quilómetros do Camiño Portugués e da Vía da Prata ao longo dunha semana ata chegar a Compostela, mentres os segundos realizaron varios pequenos tramos do Camiño, descubrindo o patrimonio cultural e natural das respectivas zonas polas que foron pasando así como tamén realizaron actividades de lecer no lugar de aloxamento. 

336 lecturas