Miranda reúnese con representantes dos centros galegos de Alemaña para informar das axudas vixentes para entidades e galegas e galegos do exterior

O responsable do departamento autonómico expuxo en Bonn os programas para centros galegos e outras agrupacións, así como as Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME).

  • O secretario xeral da Emigración, co alumnado da escola de fútbol do Club Galicia de Bonn
    O secretario xeral da Emigración, co alumnado da escola de fútbol do Club Galicia de Bonn
  • O secretario xeral da Emigración, con representantes das entidades galegas en Alemaña
    O secretario xeral da Emigración, con representantes das entidades galegas en Alemaña
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2019.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse esta fin de semana con representantes dos centros galegos situados en Alemaña para exporlles os diferentes programas cuxo prazo de solicitude continúa aberto nestes intres. En concreto, o responsable do departamento autonómico explicou os requisitos e características das axudas a entidades galegas no exterior, así como das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME). Estas últimas abriron a súa convocatoria o pasado 26 de febreiro e poderán solicitarse ata o 30 de abril. 

Á xuntanza informativa asistiron responsables da directiva do Club Galicia de Bonn e do Centro Cultural Gallego de Cuxhaven, un dos representantes das entidades galegas de Europa na Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas.

En Europa residen 109.399 galegas e galegos, dos que 17.227 fano en Alemaña, segundo os datos do Instituto Nacional de Estadística (INE) a 1 de xaneiro de 2018.  

121 lecturas