A Secretaría Xeral da Emigración aplaude o labor de Queixumes dos Pinos e Alma Llanera en prol da igualdade nas quintas Xornadas Interculturais celebradas en Ourense

Imaxe da xornada de hoxe celebrada en Ourense
Imaxe da xornada de hoxe celebrada en Ourense
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2019.

A Secretaría Xeral da Emigración aplaudiu o labor que as asociacións Queixumes dos Pinos e Alma Llanera están a realizar desde hai anos na cidade de Ourense en prol da igualdade. O subdirector xeral da Emigración e das Comunidades Galegas, Antonio Casas Calviño, quen asistiu en representación do departamento autonómico á clausura da quinta edición das Xornadas Interculturais que organizan as agrupacións, salientou o esforzo que estas dedican ao traballo de integración tanto dos emigrantes galegos e galegas que regresan á súa terra de orixe como das e dos inmigrantes. 

O acto puxo fin a varios días de programa no que, baixo o lema Construyendo camino hacia la igualdad, se celebraron mesas redondas, conferencias sobre diversos temas relacionados coas migracións e as políticas de axudas sociais, e obradoiros de diferentes instrumentos musicais e danzas.

173 lecturas