Miranda e Xesús Vázquez asistiron á Xornada Intercultural organizada por 'Queixumes dos Pinos'

  • Antonio Rguez. Miranda e Xesús Vázquez, onte na Xornada Intercultural de Ourense
    Antonio Rguez. Miranda e Xesús Vázquez, onte na Xornada Intercultural de Ourense
  • Antonio Rguez. Miranda e Xesús Vázquez, onte na Xornada Intercultural
    Antonio Rguez. Miranda e Xesús Vázquez, onte na Xornada Intercultural
  • Antonio Rguez. Miranda e Xesús Vázquez, onte na Xornada Intercultural de Ourense
    Antonio Rguez. Miranda e Xesús Vázquez, onte na Xornada Intercultural de Ourense
  • Antonio Rguez. Miranda e Xesús Vázquez, onte na Xornada Intercultural de Ourense
    Antonio Rguez. Miranda e Xesús Vázquez, onte na Xornada Intercultural de Ourense
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 18 de abril de 2016.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mailo alcalde de Ourense, Xesús Vázquez, asistiron onte na capital ourensá á IIª Xornada Intercultural que organizou a agrupación 'Queixumes dos Pinos'. O obxectivo desta Xornada aberta ao publico foi destacar a través da mestura de músicas, gastronomias e artesanías de diferentes países os valores da cooperacion, tolerancia, conviviencia, solidariedade e respecto á diversidade cultural.

Miranda, acompañado polo alcalde da cidade das Burgas, realizaron un percorrido pola mostra de diferentes artigos e produtos expostos neste evento que contou coa participación de entidades representando á cultura de diversos países: a Agrupacion Ourensá-Venezolana Alma Llanera (Venezuela), a Agrupación Mira (Colombia), Asociación Machu Picchu (Perú), os Bailes Orientales de Nisaa e un grupo da escola de 'Queixumes dos Pinos' de Ourense.

1038 lecturas