A fortaleza da irmandade entre cidadás e cidadáns venezolanos e galegos, protagonista das III Xornadas Interculturais en Ourense

O secretario xeral da Emigración e mailo alcalde da localidade presidiron o evento organizado por Queixume dos Pinos e Alma Llanera.

Miranda salientou que “tanto os galegos que quedan aló como os que regresaron, requiren a nosa atención e abofé que a teñen e terán”.

  • O secretario xeral da Emigración e mailo alcalde da localidade presidiron o evento organizado por Queixume dos Pinos e Alma Llanera.
    O secretario xeral da Emigración e mailo alcalde da localidade presidiron o evento organizado por Queixume dos Pinos e Alma Llanera.
  • O secretario xeral da Emigración e mailo alcalde da localidade presidiron o evento organizado por Queixume dos Pinos e Alma Llanera.
    O secretario xeral da Emigración e mailo alcalde da localidade presidiron o evento organizado por Queixume dos Pinos e Alma Llanera.
  • O secretario xeral da Emigración e mailo alcalde da localidade presidiron o evento organizado por Queixume dos Pinos e Alma Llanera.
    O secretario xeral da Emigración e mailo alcalde da localidade presidiron o evento organizado por Queixume dos Pinos e Alma Llanera.
Listen to this page using ReadSpeaker
Ourense , 23 de abril de 2017.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, presidiron en Ourense as Xornadas Interculturais organizadas pola Asociación Cultural Queixumes dos Pinos e a Asociación Ourensá-Venezolana Alma Llanera.

Trátase da terceira edición desta iniciativa, na que participan as e os membros de ambas entidades e moitos outros veciños e veciñas de Ourense e provincia, boa parte dos cales residiron en Venezuela ou manteñen con ese país ligazóns persoais, familiares, culturais ou económicas.

Precisamente, a relevancia destas ligazóns foi posta en valor por Miranda, quen salientou na súa alocución ás e aos presentes que “máis aló das circunstancias históricas e políticas concretas de cada momento, o sentimento de irmandade entre venezolanos e galegos, entre galegos e venezolanos, é xa eterno”.

Recordou o secretario xeral da Emigración “o permanente e crecente apoio dos galegos e o seu goberno á poboación de Venezuela, que está pasando momentos de incerteza desde o punto de vista social, e especialmente aos españois e galegos alí residentes, dos que estivemos, estamos e estaremos sempre pendentes”.

O alto cargo autonómico tamén puxo de relevo a capacidade de entendemento mutuo e a solidariedade activa que teñen demostrados ambos pobos para co outro en momentos ben distintos de cadansúa historia. “Hai décadas Venezuela supuxo para os galegos un lugar onde buscar un futuro prometedor e poder enviar importantes achegas ás familias que quedaban na Galicia territorial. Hoxe, eses galegos, tanto os que quedan aló como os que regresaron, requiren a nosa atención e abofé que a teñen e terán”, afirmou o secretario xeral.

1477 lecturas