A Secretaría Xeral da Emigración celebra coas galegas e os galegos de Barcelona o Día das Letras Galegas

Imaxe de hoxe en Rubí (Barcelona)
Imaxe de hoxe en Rubí (Barcelona)
Listen to this page using ReadSpeaker
Rubí (Barcelona), 26 de maio de 2019.

A Secretaría Xeral da Emigración celebra coas galegas e os galegos de Barcelona o Día das Letras Galegas, unha conmemoración que a Irmandade Galega de Rubí complementa coa organización da Festa do Pulpo. O subdirector xeral da Emigración e das Comunidades Galegas, Antonio Casas Calviño, asistiu ao acto, que inclúe unha foliada, obradoiro dos primeiros pases de baile tradicional galego, xantares, actuación de diversos grupos de música e danza tradicionais, verbenas e a entrega do premio da terceira edición do concurso literario Manuel Rivas de relato curto. Casas Calviño salientou a figura de Antón Fraguas, autor homenaxeado este ano, pola súa traxectoria como antropólogo, xeógrafo, historiador, escritor e arqueólogo. 

99 lecturas