O secretario xeral da Emigración destaca na TVG a importancia da celebración do XIII Consello de Comunidades Galegas en Ourense para a colectividade galega do exterior

Antonio Rodríguez Miranda, esta mañá, no 'Bos días' da Televisión de Galicia
Antonio Rodríguez Miranda, esta mañá, no "Bos días" da Televisión de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou no programa Bos días da TVG a  importancia que para a colectividade galega do exterior ten a celebración durante os próximos tres días do XIII Consello de Comunidades Galegas que reunirá en Ourense a 80 representantes de entidades galegas de América, Europa e das comunidades autónomas.

Durante a súa intervención no programa matinal da canle pública galega, destacou os temas que se porán sobre a mesa durante os relatorios de traballo que conforman este Consello e que estarán centrados no futuro da galeguidade, do apoio social, da promoción da cultura e das políticas de aposta polo retorno. Mañá xoves dará comezo o encontro coa celebración da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, que pechará así o seu labor do mandato anterior, dando paso o venres ás xornadas de debate e o sábado a elección das e dos novos membros da Comisión que traballarán durante os próximos tres anos en colaboración coa Xunta de Galicia a prol de tódolos galegos e galegas do exterior.

  • Entrevista ao secretario xeral da Emigración no Bos días da TVG | Acceder
258 lecturas