A Secretaria Xeral da Emigración anuncia a posta en marcha dun concurso dentro do programa “Un Nadal de Contos” da Aula GaliciaAberta

O concurso terá como tema cada un dos dez contacontos que se emitirán dende o próximo mércores 25 deste mes ata o 26 de decembro.

Os nenos e nenas interesados deberán enviar as súas creacións relacionadas con cada un dos contacontos ao correo aulagaliciaberta.emigracion@xunta.gal.

O agasallo para as nenas e nenos consistirá nunha mochila, un polo e unha gorra
O agasallo para as nenas e nenos consistirá nunha mochila, un polo e unha gorra
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2020.

A Secretaría Xeral da Emigración anunciou a posta en marcha dun concurso dentro do programa “Un Nadal de Contos” da Aula GaliciaAberta que comezará a emitirse o próximo mércores 25 de novembro.

A iniciativa, que consistirá en dez sesións de contacontos levados a cabo por Polo Correo do Vento, será emitida a través do Facebook Live de GaliciaAberta os mércores e sábados de 20 a 21 horas de España dende o próximo 25 de novembro e ata o 26 de decembro. 

Todos aqueles e aquelas que non poidan velo en directo terán a oportunidade de visualizalo posteriormente nas redes sociais da Secretaría Xeral da Emigración, e mesmo na súa web institucional (emigracion.xunta.gal), onde quedará colgado tan pronto finalice a actividade.

Os contacontos alternarán historias de Nadal con contos sobre o Xacobeo e historias de persoeiros célebres coma o pirata Benito Soto. 

O concurso terá como tema cada un dos dez programas desta iniciativa. Os nenos e nenas poderán realizar as súas creacións relacionadas con cada unha das dez actividades e facelas chegar á Secretaría Xeral da Emigración, a través do correo electrónico aulagaliciaaberta.emigracion@xunta.gal. Tódolos debuxos deberán ser remitidos unha vez finalice a emisión de cada un dos dez contacontos.

O agasallo consistirá nunha mochila, un polo e unha gorra. As bases do concurso serán publicadas antes do inicio do primeiro dos contacontos, o próximo mércores día 25 de novembro.

1245 lecturas