Representantes galegos do sector do termalismo visitan Uruguai, país anfitrión da Feria Internacional Termatalia

  • Imaxe do encontro celebrado no Uruguai
    Imaxe do encontro celebrado no Uruguai
  • Imaxe do encontro celebrado no Uruguai
    Imaxe do encontro celebrado no Uruguai
  • Imaxe do encontro celebrado no Uruguai
    Imaxe do encontro celebrado no Uruguai
Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (O Uruguai), 7 de abril de 2023.

A Delegación da Xunta no Uruguai, con Elvira Domínguez como representante, articulou nos últimos días un encontro entre os representantes galegos do sector do termalismo,  a Asociación de Hoteles y Restaurantes del Uruguay, e a Asociación de Empresarios Gallegos neste país (AEGU). Reuníronse tamén co Ministerio de Turismo do país, que os acompañaron durante a súa estadía. 

Os representantes galegos do sector visitaron nos últimos días Uruguai co gallo da próxima celebración da feira internacional deste sector, Termatalia, entre o 4 e o 6 de outubro deste ano nas instalacións de CTM en Salto. Durante a súa estadía en Uruguai,   analizáronse as diferentes potencialidades para as empresas galegas do sector das augas termais no Uruguai, un país que conta con numerosos parques con augas a temperaturas entre os 38 e os 46 graos centígrados. Tamén aproveitaron para coñecer dous centros termais do Departamento de Paysandú: as Termas de Almirón, as de Guaviyú, Arapei e Dayman.

383 lecturas