O secretario xeral da Emigración felicita aos máis de 40.000 galegos e galegas do Uruguai a Festa Nacional deste país

Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración
Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración
Felicitación do secretario xeral da Emigración co gallo da Festa Nacional do Uruguai
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, felicitou hoxe aos máis de 40.000 galegos e galegas residentes no Uruguai co gallo da Festa Nacional deste país americano.

Galicia quere felicitar así a conmemoración do 198º aniversario da indendencia do Uruguai coa iluminación, tralo solpor, coas cores da súa bandeira na Torre de Hércules da Coruña, as Torres Hejduk da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela e as fontes da rúa Aragón, en Vigo. 

147 lecturas