A delegada da Xunta no Uruguai participa nas reunións entre representantes do Porto de Vigo e o Goberno do Uruguai para reforzar os lazos entre Galicia e Uruguai en materia pesqueira e agrícola

Imaxe da reunión celebrada en Montevideo
Imaxe da reunión celebrada en Montevideo
Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 20 de marzo de 2024.

A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu xunto ao presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana, ao encontro co ministro de Trabajo y Seguridad Social de Uruguai, Pablo Mieres, para continuar afondando nas relacións e alianzas galegas con este país. Esta reunión tivo como eixo central o apoio aos investimentos das empresas galegas en territorio uruguaio. No encontro tamén participaron figuras destacadas como o presidente e o xerente de ARVI, Javier Touza e Edelmiro Ulloa, respectivamente.

Estas accións son un claro exemplo do esforzo conxunto por fomentar un marco de colaboración duradeira que impulse tanto a economía como os lazos culturais e sociais entre Galicia e Uruguai, apostando por un futuro máis verde e sustentable a través da innovación e a cooperación internacional.

299 lecturas