Galicia participa na 21º Edición de Termatalia que organiza Expourense en Salto
Os delegados de Uruguai e Arxentina asistiron a maior feira termal do mundo, e que contou tamén coa presenza do presidente de Uruguai, Luis Lacalle Pou.
Os delegados da Xunta en Uruguai, Elvira Domínguez Alonso, e en Arxentina, Alejandro López Dobarro, asistiron a inauguración da 21º edición de Termatalia que organiza Expourense en Salto e que sitúase como a maior feira termal do mundo. O acto contou coa presenza do presidente de Uruguai, Luis Lacalle Pou.
Os responsables de Termatalia agradeceron a presenza dos responsables autonómicos no evento, recordando que no Uruguai residen 40.000 galegos. “A relación entre Galicia e Uruguai é, evidentemente, moi importante, é como unha segunda patria para os galegos. Ademais, únenos tamén unha tradición termal moi importante, sendo un sector de referencia para ambas terras”, explicou Elvira Domínguez Alonso.
Trátase da quinta ocasión en que esta feira se organiza fora de Ourense, e ten coma obxectivo promocionar e desenvolver os recursos termais, non só de Galicia, senón tamén do país onde se celebra este evento que reúne a máis de 500 profesionais dunha vintena de países.
Novas relacionadas





